viernes, 21 de noviembre de 2008
¿Falábamos galego?
Pois non, os rapaces que viñan da Caína e de Balea a escola sí que o falaban. Sin embargo nos tíñamos palabras en galego que recollíamos do que eles falaban: pirindolas, tutelos, xestas, cancelas, queimacasas, caicovento, papaché,...., eran parte do noso vocabulario. Nas nosas casas éramos castelan-parlantes pola nosa procedencia familiar e tamén pola situación sociopolítica do momento. Non había ningún impedimento de comunicación, os rapaces que viñan falando galego, a vista dos nosos ollos, non eran nin mais nin menos. Na fábrica falábase en galego e tamén en castelán. A proba de isto é que estou escribindo coas palabras que aprendín nese momento.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario